Quiosco: Boletín da Real Academia Galega 385

A publicación recolle as intervencións do simposio Luísa Villalta celebrado en 2024

| Santiago. Redacción | Seccións: Día das Letras
Compartir:
Quiosco: Boletín da Real Academia Galega 385

O web da Real Academia Galega ten dispoñible para descarga o número 385 do Boletín da Real Academia Galega. A publicación periódica recolle contidos como as alocucións que se pronunciaron no pleno que celebrou a entidade polo Día das Letras Galegas 2024.

Canda a isto, pódense ler as contribucións que conformaron o simposio dedicado a Luísa Villalta o pasado mes de novembro, con textos de Eva Veiga, Pilar García Negro, Xosé M.ª Álvarez Cáccamo, Chus Pato, Teresa Seara ou María Xesús Nogueira entre outros.

A publicación recolle tamén as intervencións da segunda xornada Voces da narrativa que tivo como protagonista a académica de honra Nélida Piñon (1934-2022).

O Boletín inclúe ademais un estudo sobre o centenario da revista 'Ronsel' e a figura de Ángel Cerrato Álvarez asinados por Álvaro Varela e Alexandre Rodríguez Guerra, ademais dun repaso da actividade da Real Academia Galega ao longo de 2024.

Que che parece esta nova?
85 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega
Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Real Academia Galega, Luísa Villalta, Día das Letras Galegas, Eva Veiga...