Este trinta de abril ás 18:30 horas abre as súas portas no Museo Etnolóxico de Ribadavia a exposición Colección de arte Abrente (III). Con varios meses de atraso sobre o calendario previsto por mor da pandemia, o centro completa asà o proxecto expositivo que recupera para o público os fondos desta asociación, que nos anos 70 desenvolveu unha intensa actividade cultural. Sabela Fraga comisarÃa a iniciativa que amosa vinte e cinco obras de autores coma Xosé Conde Corbal, Félix Cuadrado, José Manuel Vidal Souto, José Luis González Loureiro, Alberto Datas Panero, Mercedes Ruibal Argibay ou Isaac DÃaz Pardo.
Os fondos artÃsticos da colección Abrente amosan unha ampla selección de artistas dos anos setenta que cederon as súas obras ao colectivo. Boa parte deste material serviu para recadar fondos para outras actividades, como algunhas das propostas fundacionais do teatro galego, ademais de facer parte de múltiplas exposicións.