O Museo Etnolóxico de Ribadavia acolle este venres 6 de setembro a inauguración da exposición "Colección Abrente. Arte galega no desafÃo cultural dos '70'". A procedencia dos fondos ten unha historia chamativa: trátase de doazóns de obras de arte realizadas orixinalmente polos seus creadores á asociación Abrente co obxecto de contribuÃr, co posterior importe da súa venda, ao financiamento das súas actividades e para decorar a sede social. A colección, que consta de 58 obras de 29 autores, será inaugurada en tres fases. Tras esta apertura inicial, en frebreiro presentarase o catálogo e entre xuño e setembro de 2020 realizarase unha última exposición. Cando a asociación Abrente se disolveu en 1986, os seus fondos foron depositados no que de aquela era o Museo de Artes e Costumes Populares de Ribadavia. Agora celébrase o 50 aniversario da súa fundación.