O Museo Etnolóxico de Ribadavia acolle a segunda parte da exposición da Colección Abrente

A entidade presentou o catálogo que amplía a información sobre este proxecto

| Santiago. Redacción | Seccións: ArteExposicións
Compartir:
O Museo Etnolóxico de Ribadavia acolle a segunda parte da exposición da Colección Abrente

Desde o pasado venres 21 de febreiro, o Museo Etnolóxico de Ribadavia acolle a segunda parte da exposición Colección Abrente. Arte galega no desafío cultural dos `70. A mostra, que amosa as conexións da arte contemporánea coa mobilizaciónn cultural desa década, achega unha selección dos fondos desta asociación depositada no museo.

Nesta segunda parte, poden verse obras de Bea Rey, Vidal Souto, Reimundo Patiño, Enrique Conde, Prego de Oliver, Virxilio, Xosé Luis de Dios, Alejandro Gómez Cruz, Conde Corbal, Xaime Quesada ou Joaquín Ramón Pérez Caamaño. A mostra estará aberta ata o vindeiro mes de xuño, cando abrirá a terceira parte do proxecto cunha nova exposición que permanecerá aberta ata o mes de setembro.

Ademais, a coincidir coa inauguración presentouse o catálogo deste proxecto, un volume que amosa a importancia do fondo documental desta Agrupación Cultural ribadaviense, ademais da entrevista que a comisaria da exposición, Sabela Fraga, lle realizou a cinco integrantes da Agrupación entre outros contidos.

Que che parece esta nova?
79 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Abrente, Museo Etnolóxico de Ribadavia, Xosé Luis de Dios, Virxilio...