Víctor F. Freixanes opta á reelección como presidente da RAG como único candidato

Na súa candidatura continúan Marilar Aleixandre, Fina Casalderrey, Henrique Monteagudo e incorpórase Margarita Ledo

22/4/2021 | Redacción: Santiago. Redacción | Seccións: lingua
5 lecturas | Compartido 0 veces

Víctor Fernández Freixanes. Foto: Estevoaei / Wikipedia

O actual presidente da Real Academia Galega, Víctor Fernández Freixanes, optará á reelección para o cargo como único candidato, tras finalizar este xoves o prazo para presentar candidaturas, segundo informou Europa Press. Freixanes irá acompañado na súa candidatura do equipo que o acompañou no periodo anterior: Marilar Aleixandre, Fina Casalderrey e Henrique Monteagudo, a quen se lle incorpora Margarita Ledo como novidade. A Real Academia Galega celebrará este sábado o pleno no que se realizará a votación da candidatura.
Ligazóns externas

Universo culturagalega.gal