Queremos Galego manifestarase na praza do Obradoiro polo 17 de maio

Cómpre inscribirse para participar na concentración baixo o lema Queremos vivir en galego

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

Queremos vivir en galego é o lema da concentración que a plataforma Queremos Galego convoca para o vindeiro 17 de maio. A compostelá praza do Obradoiro acollerá esta reivindicación a mediodía, e para participar cómpre inscribirse no web da organización. O espazo distribuirase por orde de adhesión, "mantendo a distancia de seguranza e cumprindo todas as medidas de seguranza sanitaria". No pasado 2020 a entidade chamara a se mobilizar desde a casa ante a situación de pandemia e o estado de alarma.

Marcos Maceira, voceiro da plataforma, apuntou na presentación da convocatoria, este 21 de abril, que con esta mobilización a sociedade galega reclama o seu dereito a vivir na nosa lingua "con toda liberdade, con total normalidade, sen límites, sen coaccións e sen exclusións". Queremos Galego salientou que, malia á pandemia, houbo ao longo do último ano múltiples iniciativas "para gañar novos espazos para o galego ou evitar retrocesos noutros", con exemplos como a iniciativa por unha canle de televisión infantil en galego. "Temos, por tanto, un 17 de maio para celebrar os pequenos pasos e para reclamar avances nos que a administración da Xunta e do Estado teñen xa que atender as demandas da sociedade galega e das institucións internacionais" destacou Maceira.

Que che parece esta nova?
46 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Obradoiro, Lingua galega

Claves

Conceptos
Lugares