A vindeira edición dos Premios de Teatro MarÃa Casares, que será vixésima quinta, ven de abrir o prazo de presentación de candidaturas para a súas catorce categorÃas de premios. Toda vez que xa se desbotou a súa tradicional celebración en marzo, a Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG), que os convoca elixiu o mes de setembro para levar a cabo unha gala de entrega con certas garantÃas no seu espazo habitual do Teatro RosalÃa de Castro da Coruña. Se o pasado ano foi en outubro e cun formato sen público e pre-gravado como se levou adiante a entrega dos premios, esta XXV edición celebrarase o 9 de setembro, se as circunstancias o permiten, agardando que para entón a escena teatral profesional poida celebrar o seu encontro e reparta recoñecementos. Ademais, entendendo ás especiais caracterÃsticas polas que estamos a pasar, a AAAG tomou a decisión de flexibilizar os seus requisitos no relativo ao espectáculos sobre os que se poden presentar candidaturas. Dadas as enormes dificultades de gran parte do pasado ano para levar obras aos escenarios en varios tramos longos do ano, amplÃase ese prazo e tanto as obras estreadas no primeiro trimestre de 2021 coma aquelas estreadas no último trimestre de 2019 que non concorreran xa aos premios na edición anterior, poderán participar na convocatoria deste 2021.