José Luandino Vieira é recoñecido como Escritor Galego Universal

A Asociación de Escritores en Lingua Galega homenaxea o autor angolano

O angolano José Vieira Mateus da Graça, coñecido como José Luandino Vieira foi escolleito pola asemblea da Asociación de Escritores en Língua Galega como Escritor Galego Universal 2021. Nun texto realizado por Carlos Quiroga, a AELG destaca que este recoñecemento "aclama um criador e autor, digníssimo referente na defesa da dignidade humana", ao que cualifica como "nosso par, nosso irmão" e destaca que a súa "excelência literária e compromisso ético ultrapassam, no caso, qualquer expectativa".


Na homenaxe, a AELG lembra a aposta do autor por subverter "a norma padrão e adotando registos
populares, orais e tradicionais africanos" coa súa adaptación do "mussosso, narração com peripécias frequentes, fábula ou narrativa moral africana tradicional" na que desenvolven "uma deconstrução da língua erudita do colonizador, inseminando quimbundo a nível de vocábulos crioulizados, mesmo
neologismos, prolongando a oralidade, tocando até na sintaxe". Autor de obras como A vida verdadeira de Domingos Xavier, Nosso Musseque ou O livro dos rios, o autor negouse a aceptar en 2006 o Prémio Camões.

A AELG xa nomeara a Luandino Vieira como Escritor Galego Universal en 2009, na primeira edición deste recoñecemento, canda a Helena Poniatowska. No entanto, os arquivos da entidade recolle unicamente esta última como homenaxeada naquel ano.