Nace agora.gal, un agregador de contidos dixital en galego

Conta con corenta proxectos asociados

| Santiago. Redacción | Seccións: Comunicación
Compartir:
Nace agora.gal, un agregador de contidos dixital en galego

Onte púxose en marcha agora.gal, unha "unha plataforma de agregación e distribución de contidos dixitais" que busca xenerar máis tráfico para os proxectos dixitais en lingua galega. O proxecto conta cunha portada na que publican contidos procedentes das corenta fontes asociadas, ofrecendo unha fiestra á actualidade do contido dixital en lingua galega na rede. Este "medio de medios", como se definen, nace porque "hai moitos proxectos interesantísimos que só descubrimos unha vez que comezamos a argallar isto. Internet non reserva o mellor dos lugares á información en galego. Entón, por que non impulsar un lugar de referencia desde o que chegar a ela?". O sistema indexa automaticamente as fontes e as vai clasificando por seccións.

Que che parece esta nova?
55 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lingua galega, Internet

Claves