Camiñar pola Coruña da man de Rosalía e Concepción Arenal

Dispoñible unha app para coñecer a Coruña en feminino a través da realidade aumentada

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

O pasado 29 de febreiro o concello da Coruña presentou a app "A Coruña en feminino", que propón explorar as rúas da Coruña histórica a través dos encontros -a través de realidade aumentada- de seis figuras históricas femininas dos séculos XIX e XX: Elvira Bao, Concepción Arenal, Fanny Garrido, Rosalía de Castro, María Barbeito y Sofía Casanova. A aplicación ubica ás personaxes recreadas en tres dimensións sobre escenarios urbanos vinculados a elas. Deste xeito, Elvira Bao se localiza na praza de María Pita, Concepción Arenal nos xardíns de Méndez Núñez, Fanny Garrido diante da sede da Real Academia Galega, Rosalía de Castro atópase na entrada do teatro do mesmo nome e a mestra María Barbeito ao carón do instituto Eusebio da Guarda.

Que che parece esta nova?
59 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Concepción Arenal, Rosalía de Castro, Teatro, Real Academia Galega...