Un manifesto promovido por Montse Fajardo, Mª Xosé Bravo e Marta Dacosta reclama que a "loita feminista" non sexa empregada para "impedir" que o pazo de Meirás non sexa un centro de memoria antifranquismo. "A finalidade do pazo de Meirás debe ser a recuperación e divulgación da memoria do pobo aldraxado desde unha imprescindible perspectiva de paÃs, clase e xénero", afirman no texto, "coa ollada posta tamén na restitución das mulleres que foron represaliadas". O texto alude á proposta da ConsellerÃa de Cultura de destacar na musealización do pazo de Meirás a figura de Emilia Pardo Bazán e o feminismo histórico. Entre os asinantes atópanse figuras como a cantante UxÃa, a cineasta Margarita Ledo ou a escritora Ledicia Costas.