Para acompañar a exposición "Afonso X e Galicia", o Consello da Cultura Galega convocou unha game jam (competición de desenvolvemento de xogos) ao redor das Cantigas de Santa María e o tempo do rei. O gañador resultou ser o xogo O mester, unha divertida proba de habilidade musical que explora o patrimonio musical das cantigas e anima, con humor, as figuras representadas no principal códice no que se conserva, o Códice Rico de El Escorial. O noso xogo é unha especie de Simon dice cunha volta de torca afirma Carlos Balado, creador xunto con Pablo García de los Salmones do xogo O mester. Explica que é un xogo musical cos personaxes que saen nas Cantigas de Santa María no que queríamos que as ilustracións cobrasen vida. Na súa decisión, os membros do xurado destacaron que o proxecto conta con ambientación musical e visual moi coidada e toques humorísticos que o converten nunha proposta atractiva que permite amosar o potencial das Cantigas de Santa María para seren incorporados a formatos e linguaxes do presente. Os dous gañadores son alumnos do Máster en Deseño, Desenvolvemento e Marketing de Videoxogos da Universidade da Coruña e recibirán un premio de douscentos cincuenta euros.
De "Simón di" a "Afonso di"
Un xogo musical gaña a gamejam da exposición "Afonso X e Galicia"
