Pilar Albarracín leva as súas instalacións irónicas e lúdicas ao CGAC

Pódese visitar ata o 6 de xuño

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Obra de Pilar Albarracín. Foto: CGAC

Obra de Pilar Albarracín. Foto: CGAC

Desde o venres está dispoñible no CGAC a exposición "Acciones peregrinas", coa que a artista andaluza Pilar Albarracín escolma unha serie de instalacións, vídeos, documentación en retrospectiva da súa obra. Segundo o CGAC, "Albarracín é unha artista relevante para coñecer a renovación das linguaxes artísticas en España durante os anos noventa". A mostra revela a "condición política e antropolóxica do seu traballo, así coma o carácter lúdico e irónico das súas accións". A mostra é parte da programación da segunda edición de Plataforma. Festival de artes performativas, que contará con Pilar Albarracín, canda outras artistas convidadas.

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)