O CGAC exhibe o traballo dun dos renovadores da fotografía, Jeff Wall

A mostra, unha colaboración co Centre for Fine Artes de Bruxelas, abre ao público o domingo

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
The Destroyed Room, Jeff Wall.

The Destroyed Room, Jeff Wall.

É un dos artistas máis influíntes da arte dos tres últimos decenios e un dos renovadores da fotografía. Imaxes de gran formato, colocadas en caixas de luz para unha continuidade de que é posible pintar a vida moderna cunha mirada que o propio artista chamou de “cuasidocumental” á que chegou desde postulados próximos ao minimalismo.O sendeiro sinuoso é unha exposición retrospectiva que permite coñecer a evolución deste autor, tanto pola escolma do seu traballo, como porque reproduce obras que permiten situalo no seu contexto. A exposición tivo un acto de preapertura onte, cunha conversa do propio artista, co comisario, Joel Benzakin, e co director do CGAC, Miguel von Haffe. Abrirá ao público o domingo e é unha colaboración do CGAC co Centre for Fine Arts (BOZAR) de Bruxelas.

Que che parece esta nova?
26 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Un camiño estético

Un camiño estético

Jeff Wall exhibe no CGAC a sua concepción pictórica da fotografía

Unha vez máis

Unha vez máis

O CGAC abre o ano expositivo cunha retrospectiva sobre a artista brasileira Anna María Maiolino

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Fotografía, Bruxelas, Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)