Un camiño estético

Jeff Wall exhibe no CGAC a sua concepción pictórica da fotografía

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Jeff Wall. O dradek

Jeff Wall. O dradek

É un dos popes da fotografía contemporánea, unha referencia que acaba de aterrar no CGAC para exhibir non só unha retrospectiva do seu traballo, senón tamén como chegou a ser unha das máximas autoridades no panorama fotográfico actual. Jeff Wall (Vancouver, 1946) presenta en O sendeiro sinuoso o desenvolvemento da súa obra, pero tamén das experiencias estéticas que guiaron a súas decisions e o conxunto da súa obra. A relación con outras artes como a pintura, a fotografía, o cinema, e a literatura está presente nesta exposición que se pode ver no CGAC.

Boy falls from tree, 2010, Jeff Wall
1/4
The Destroyed Room, 1978. Jeff Wall
2/4
Storyteller, 1986. Jeff Wall
3/4
Universo Wall
4/4

A exposición, que é a gran protagonista na programación do CGAC neste ano, está dividida en múltiples apartados (nove en total) que permiten ver a evolución artística e conceptual deste fotógrafo, así como as súas preocupación estéticas. Por iso, alén da obra do artista, nesta exposición hai oco para outros artistas que, dunha ou doutra maneira, influíron nel e o converteron na figura recoñecida que é hoxe.

Canda a exposición, o CGAC programa un concerto (29 de novembro de 2011) no que a formación Vertixe Sonora Ensemble establecerá un diálogo en torno á obra e ao pensamento do artista canadense nun concerto que inclúe cinco estreas de compositores de ámbito internacional. Unha actividade que completa a mesa de debate co que o propio artista deu a coñecer o seu punto de vista sobre a imaxe, a relación con outras artes (principalmente pintura e literatura) e o seu camiño particular como fotógrafo.

Que che parece esta nova?
37 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Fotografía, Literatura, Cine, Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)