A RAG escolle a Lourenzo Fernández Prieto como novo membro

A Academia inicia o proceso de renovación da súa executiva ao finalizar o mandato de Víctor F. Freixanes

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
Lourenzo Fernández Prieto no web da RAG

Lourenzo Fernández Prieto no web da RAG

A Real Academia Galega acordou esta fin de semana nomear o historiador Lourenzo Fernández Prieto como membro de número da entidade. O catedrático de Historia Contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela ocupa a vacante que se produciu polo pasamento de Luz Pozo Garza en abril de 2020. A entidade destaca do investigador que é "un recoñecido historiador nas dúas grandes liñas de investigación que desenvolve" a historia agraria contemporánea e o estudo da guerra civil e do franquismo.

O pleno oficializou tamén a conclusión do mandato de Víctor F. Freixanes, elixido presidente da entidade hai catro anos. Con esta declaración comeza o proceso para escoller unha nova comisión executiva, que se desenvolvera ao longo de tres meses. Durante este período será o secretario da executiva saínte, Henrique Monteagudo, quen ocupará a presidencia de xeito interino e porá en marcha o proceso electoral.

Que che parece esta nova?
73 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lourenzo Fernández Prieto, Luz Pozo Garza, Guerra Civil, Franquismo...