Imaxe do plenario de despedida de Víctor F. Freixanes. Fonte: RAG
O plenario que a Real Academia Galega (RAG) celebrou este venres 14 de marzo na Coruña foi o último con Víctor F. Freixanes como presidente da entidade. O escritor e xornalista abandonou o seu cargo logo de oito anos ao concluír os dous mandatos que prevén como máximo os estatutos da entidade.
Co cesamento de Freixanes ocupará de maneira interina a presidencia a actual secretaria, Margarita Ledo Andión. Abre agora un período de tres meses nos que a institución deberá escoller a súa nova comisión executiva. As candidaturas poderán presentarse, apoiadas por tres membros de número da institución, nun prazo que remata 48 horas antes da data prevista para o pleno de elección.
