Dous petróglifos sofren danos deliberados en Campo Lameiro

O Concello denunciou que os gravados da Laxe da Rotea de Mendo foron repasados cunha pedra

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
Un dos petróglifos danados en Campo Lameiro. Fonte: Concello de Campo Lameiro.

Un dos petróglifos danados en Campo Lameiro. Fonte: Concello de Campo Lameiro.

O Concello de Campo Lameiro facía público este 23 de marzo o atentado que sufriron os petróglifos da Laxe da Rotea de Mendo, declarados Ben de Interese Cultural. A cámara municipal denunciou ante a Dirección Xeral de Patrimonio e mais a Garda Civil que dous gravados desta estación rupestre foron danados "pola acción vandálica de descoñecidos que raiaron cunha pedra parte destas emblemáticas representacións arqueolóxicas".

Segundo apuntou o concello nas redes sociais "os petróglifos apareceron riscados e remarcado por unhas pedras de xeito abrasivo e con graves danos para estas representacións", e solicita colaboración veciñal para localizar as persoas responsables deste atentado contra o patrimonio. Precisamente esta estación fora obxecto dunha intervención de conservación e posta en valor recente. Tanto desde a veciñanza como desde particulares e de diferentes colectivos de defensa do patrimonio amosouse unha importante indignación polo dano.

Que che parece esta nova?
65 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Divulgar a arte das sombras

Divulgar a arte das sombras

O Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro explora novos xeitos de chegar ao público

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ben de Interese Cultural, Garda Civil, Dirección Xeral de Patrimonio