Os petroglifos de Campo Lameiro son declarados Ben de Interese Cultural

Un BIC petrificado

| Santiago.Redaccion | Seccións: Historia
Compartir:

A Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia vén de declarar a zona na que están asentados os petroglifos de Campolameir Ben de Interese Cultural (BIC). Desde o Concello están desenvolverse as xestións necesarias para crear neste lugar un parque arqueolóxico que sería o primeiro deste tipo no país.

O BIC


A declaración coma Ben de Interese Cultural é o máximo rango con que se pode protexer un lugar ou evento. A declaración veu motivada pola grande cantidade de petroglifos existentes na zona, datados na Idade de Bronce. A área afectada por esta declaración supera as vintecatro hectáreas, e Patrimonio prevé que nela se realizen obras de acondicionamento e infraestructuras axeitadas para atender os turistas que se acheguen a esta poboación atraídos pola súa riqueza arqueolóxica.



Expropiacións


A creación do parque arqueolóxico, que xa leva cinco anos en estudio por parte do Concello, está a atopar atrancos pola necesidade de expropiar terras da Mancomunidade de Montes de Paredes entre outras fincas privadas. Os comuneiros de paredes están dispostos a ceder os seus terreos durante trinta anos, pero as institucións non se amosan dispostas a aceptar este acordo xa que, pasado ese tempo, os terreos e todas as obras que se realizasen neles voltarían a ser dos veciños. Desde a Dirección de Patrimonio sinalouse que se está a buscar unha solución definitiva a esta cuestión durante o presente mes para evitar que o proxecto se demore en demasía pola chegada das vacacións de verán e as eleccións de outubro.

Que che parece esta nova?
30 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ben de Interese Cultural, Xunta de Galicia, Dirección Xeral de Patrimonio, Arqueoloxía