O proxecto Lugar de aborda o muralismo no rural

A cooperativa Xarda analiza nun audiovisual a relación desta forma artística co medio non urbano

18/3/2021 | Santiago. Redacción | Seccións: arteaudiovisual
33 lecturas | Compartido 0 veces

A cooperativa Xarda acaba de publicar no marco da sua serie audiovisual Lugar de unha peza dedicada ao muralismo. Doa Oa, Novenoel e o dúo Cestola son as persoas do sector que falan sobre as peculiaridades deste traballo artístico e a súa relación co medio non urbano. O impacto no público destas áreas, a relación directa coa creación artística ou as posibilidades destas obras como elementos de dinamización son algúns dos temas que se abordan na produción.


Universo culturagalega.gal

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Medios de comunicación, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO)