As persoas con interese na creación artÃstica teñen este mes de agosto dúas propostas de apoio ao seu labor. Por unha banda, a Cooperativa 7h acaba de convocar, co apoio da ConsellarÃa de Cultura, oito bolsas de axuda económica para creadoras interesadas en participar no Delas Jam, iniciativa de graffiti integrada no Delas Fest. As interesadas teñen ata o vindeiro 18 de agosto para solicitar unha destas bolsas, consistente en 200 euros en metálico e material para executar as súas intervencións.
En paralelo, está aberta a convocatoria para participar na Mesa de traballo para proxectos artÃsticos Intersección Lab 2020. Esta iniciativa convida tres proxectos para facer "unha posta en común dos mesmos e debater xuntas os recursos e estratexias que permitan facelos avanzar. A dinámica colectiva centrarase en revisar aspectos da concepción dos proxectos, busca de referentes, resolución de dúbidas e toma de decisións, establecendo un diálogo que poda enriquecer e mellorar a capacidade de cada persoa para desenvolvelos". O encontro desenvolverase no marco do Festival Intersección e as persoas interesadas teñen ata o 11 de setembro para solicitar a súa participación. A organización cubrirá aloxamento, comidas e ceas das participantes e axudará aos desprazamentos. O obradoiro terá dúas sesións de traballo en privado e unha sesión de presentación dos proxectos ante un panel de axentes do sector artÃstico.