
O encontro contará coa presenza de Mariña Area, Daniel Asorey, Nee Barros, Carlos Callón, Yolanda Castaño, Miriam Ferradáns, Inma López Silva, Eva Mejuto, María Xesús Nogueira, Emma Pedreira, Montse Pena Presas, Mario Regueira, María Reimóndez, Ana Romaní, Marga Tojo, Bieito Troncoco, Marga do Val e Malores Villanueva. Para asistir ás xornadas hai que facer inscrición previa ata o 15 de marzo no correo oarquivodastrasnas@gmail.com.
No marco do encontro desenvolverase, o día 16, unha mesa redonda arredor da figura de Xela Arias, homenaxeada no Día das Letras Galegas desde 2021. Bieito Troncoso coordina este encontro no que participan Ana Romaní, María Xesús Nogueira e Marga do Val.



