Un grupo de especialistas debaten no Ramón Piñeiro a situación da literatura infantil e xuvenil

LIX’s

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Os días 2, 3 e 4 de febreiro especialistas en literatura infantil e xuvenil (LIXs) debaterán e analizarán o sector dentro do marco ibérico actual no "Primeiro Encontro de Investigadores de literatura Infantil e Xuvenil do Marco Ibérico". As sesións do encontro, coordinadas pola catedrática de Lingua e literatura Galega, Blanca Ana Roig, pretende ver a situación de cada ámbito lingüístico (castelán, catalán, galego, portugués e vasco), e como se vai creando unha cultura lectora que leve a unha literatura comparada. No encontro presentarase o proxecto coordinado por Anxo Tarrío, "Dicionario de literatura" , no que se englobará o volume "Dicionario de literatura Infantil e xuvenil en galego".

Máis información en La Voz de Galicia

Que che parece esta nova?
46 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Literatura, LIX, Dicionario, Ramón Piñeiro...