Quiosco: Criaturas número 2

O humor é o eixe central desta revista dixital especializada en literatura infantil e xuvenil

29/4/2015 | Redacción: Santiago. Redacción | Seccións: literatura
1 lecturas | Compartido 0 veces

O segundo número da revista dixital Criaturas, especializada na literatura infantil e xuvenil de Galicia, xa se pode ver na rede. Nesta edición, cun coidado deseño, os contidos xiran arredor do humor coa edición de senllos estudos sobre a ironía e a parodia na literatura infantil e xuvenil, realizados por María Jesús Fernández e Carlos Nogueira no ámbito galego e portugués, respectivamente.
Neste número 1 (o de presentación foi o número 0) tamén se presentan os traballos de Miguel Vázquez Freire sobre o teatro de Paula Carballeira e de Roberto Pascual sobre As vertentes do humor no teatro infantil e xuvenil contemporáneo, onde defende o humor como "unha poderosa ferramenta comunicativa e emancipadora".

A revista Criaturas, coordinada por Ledicia Costas e Daniel Landesa, está estruturada en diferentes seccións, entre as que destaca o formato de entrevista cruzada coa presenza do escritor Francisco Castro e da actriz e escritora Paula Carballeira. Na sección de crítica pódense atopar recensións de libros actuais e algún que outro clásico.

Criaturas non só busca centrarse nas novidades editoriais senón que tamén se detén en autores, temas e tendencias, buscando ser un punto de encontro para o sector e un medio de referencia.
Ligazóns externas

Universo culturagalega.gal

12/12/2014

Quiosco: Criaturas 0

A revista dixital de literatura infantil e xuvenil comeza a súa andaina