Nace a revista dixital Criaturas

A publicación especializada en literatura infantil e xuvenil preséntase no Culturgal

| Santiago. Redacción | Seccións: Comunicación
Compartir:
Nace a revista dixital Criaturas

O vindeiro sábado 6 preséntase publicamente no Culturgal e abre as súas portas na rede Criaturas, unha nova revista dixital especializada en Literatura Infantil e Xuvenil. Ledicia Costas e Daniel Landesa coordinan este novo proxecto, en cuxo consello de redacción participan nomes destacados do sector como Fran Alonso, Burghard Baltrusch, Carlos Nogueira, Nuria Díaz, Agustín Fernández Paz, María Jesús Fernández, Mar García Pérez, María Lado, Montse Pena Presas, Xabier P. Docampo, Mercedes Queixas Zás, Laura Sáez, Gracia Sanctórum e Miguel Vázquez Freire. A nova publicación quere se constituír nun espazo de referencia e nun punto de encontro para o sector.

Que che parece esta nova?
94 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Quiosco: Criaturas 0

Quiosco: Criaturas 0

A revista dixital de literatura infantil e xuvenil comeza a súa andaina