A Xunta recuperará en breve o camiño real da fortaleza de Monterrei

O proxecto conta cun investimento de 650.000 euros

1/3/2021 | Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

Román Rodríguez, conselleiro de Cultura, anunciou que nas vindeiras semanas iniciarase o proceso de licitación da restauración do camiño real no acceso á fortaleza de Monterrei. O proxecto, que conta cun orzamento de 650.000 euros, conta con estar rematadado, segundo Rodríguez, en 2022. Trátase de introducir por debaixo as canalizacións, saneamento e servizos da cidadela, na que está albergado o Parador. A intervención sobre a calzada partirá dun estudo detallado "das estruturas existentes que se manterán na intervención ao ter en conta a súa capacidade para evocar e lembrar os métodos de construción do pasado", segundo a nota oficial. Román Rodríguez resaltou que "esta obra reforzará os valores culturais de autenticidade deste trazado". As novas obras veñen precedidas pola polémica do asfaltado previo, sobre unha calzada orixinal, doutro dos accesos á fortaleza.

Que che parece esta nova?
26 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Monterrei, Román Rodríguez

Claves

Protagonistas
Lugares