A Xunta compatibilizará o acceso rodado ao castelo de Monterrei co seu pavimento orixinal

Apareceu durante as obras de reurbanización de 2016

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

Román Rodríguez anunciou a semana pasada no Parlamento de Galicia que a Xunta compatibilzará o acceso peonil e rodado ao castelo de Monterrei coa conservación do pavimento orixinal, aparecido durante as obras de reurbanización de 2016, orientadas á posta en marcha do Parador. As obras, que terán un orzamento de 350.000 euros, terán varias fases. A calzada será tapada mentres rematan as obras actuais e logo emprenderase un proxecto de recuperación e consolidación das estruturas para garantir a compatibilidade da conservación e do acceso á acrópole. Rodríguez calculou que a obra podería estar lista nun prazo aproximado de 12 meses.

Que che parece esta nova?
47 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Castelo, Monterrei, Román Rodríguez, Parlamento de Galicia

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares