A restauración do claustro do Convento da Mercé de Sarria custará 370.000 euros

Está previsto que as obras se completen nun prazo de cinco meses

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
Presentación do proxecto para o Convento da Mercé. Fonte: Consellería de Cultura

Presentación do proxecto para o Convento da Mercé. Fonte: Consellería de Cultura

O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, presentaba esta 25 de marzo o proxecto de restauración do claustro do Convento da Mercé, en Sarria. A proposta, que conta cun orzamento de 371.364 euros, está previsto que saia a licitación nas vindeiras semanas para completar as obras nun prazo de cinco meses.

O Convento da Mercé, coñecido tamén como Mosteiro da Magdalena, verá actuacións de mellora da tarima nesta zona, ademais de actualizacións da instalación eléctrica e de iluminación do ben. Está previsto tamén eliminar humidades na sancristía, a substitución da actual escaleira que conecta coa primeiro andar do conxunto e o acondicionamento neste último espazo dunha zona expositiva e de almacén de pezas históricas.

A eliminación de morteiros de cemento e a adecuación do refectorio para usos culturais e relixiosos, ou a renovación das carpinterías exteriores son outras das reformas previstas no conxunto.

Que che parece esta nova?
65 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Sarria, Román Rodríguez

Claves

Protagonistas
Lugares