O proxecto Artesanías dixitais dá a coñecer a creatividade máis actual do país

O webdoc percorre o traballo dunha ducia de profesionais de diferentes sectores dixitais

26/2/2021 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

"Un percorrido polo espazo dixital galego da man de doce creadoras e creadores procedentes de áreas moi diversas: programación creativa, docencia, recreación histórica, deseño, arte, videoxogos…". Así se presenta Artesanías Dixitais, o webdoc que desenvolveu a firma Bencuriosa ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21. O proxecto, que pretende "ofrecer unha panorámica sobre as profesións ou áreas de traballo emerxentes vinculadas á creación dixital e que teñen un vínculo real con profesionais, empresas e itinerarios educativos de Galicia" preséntase nun formato de documental convencional, dispoñible na rede, e nun formato web interactivo.

Que che parece esta nova?
42 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xacobeo, Documental, Medios de comunicación