A serie documental Os nomes da nosa terra explora as orixes de topónimos do país

A AS-PG desenvolveu este proxecto ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
Imaxe dun dos documentais de Os nomes da nosa terra

Imaxe dun dos documentais de Os nomes da nosa terra

A Secretaría Xeral de Política Lingüística presentaba este 27 de xaneiro a serie documental Os nomes da nosa terra. Xosé Antón Moure foi o guionista e realizador deste proxecto, que desenvolveu a Asociación Socio-Pedagóxica Galega ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo. Segundo explica a AS-PG, esta serie pretende "difundir nas redes sociais, a través dun formato audiovisual atractivo, os feitos e historias que orixinaron os nomes de aldeas, leiras ou corredoiras que compoñen algúns dos máis de dous millóns de topónimos de Galicia".

Gravadas nos últimos meses de 2021, as pezas contaron coa colaboración de veciños de cada un dos lugares recollidos, ademais de especialistas en lingua, pedagoxía e o ámbito audiovisual. Barcia de Mera, A Coruña, Oleiros, Arteixo, Marzoa e o monte Pindo protagonizan cadanseu capítulo desta iniciativa.

Que che parece esta nova?
56 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Documental, Xacobeo, Xosé Antón Moure, Política Lingüística...