A Semana Galega da Filosofía encara a 37ª edición cancelada en 2020

Retomará o seu tema e programa sobre Civilización Dixital cun formato máis curto e semipresencial

| Santiago. Redacción | Seccións: SociedadeCiencia
Compartir:

Baixo o título Filosofía e Civilización Dixital a XXXVII Semana Galega de Filosofía pretendía no ano 2020 afondar en como as tecnoloxías mudaron nas últimas décadas a estrutura da sociedade. A situación impediu a súa celebración tanto en abril comas en setembro e a Aula Castelao de Filosofía que a organiza decidiu manter o tema e trasladar o programa íntegro para a súa celebración este ano. Coas situacións provocadas pola covid-19 estas cuestións aumentan se cabe a súa vixencia e as datas veñen de confirmarse será entre o 5 e o 9 de abril cando se celebre o veterano evento nun formato reducido cuxa programación final será presentada nas próximas semanas e que desta volta estará estruturada por unha sesión matinal e outra de tarde, en lugar de por tres diarias e combinarán a asistencia presencial, cunha capacidade limitada, no Teatro Principal, coa posibilidade de seguir as diferentes conferencias a través da rede. A Aula Castelao de Filosofía encara esta edición da Semana con novo coordinador, Alexandre Cendón González, substituíndo a Ana Ruth Regueira García, que a exerceu durante sete anos. Cendón e profesor de Filosofía no ensino secundario.

Que che parece esta nova?
63 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Filosofía, Castelao, Covid, Teatro...

Claves

Protagonistas
Lugares