A Semana Galega de Filosofía reflexionará sobre a saúde

O programa completo desta XXXIV edición xa está dispoñible e a inscrición aberta

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Entre o 17 e 27 do vindeiro mes de abril celebrarase en Pontevedra unha nova edición, e van trinta e catro, da Semana Galega da Filosofía. Esta cita co pensamento aplicado na sociedade enfocarase este ano sobre o tema da saúde, Filosofía e saúde é o nome do programa que veñen de presentar desde a Aúla Castelao de Filosofía, que organiza este evento. Nas sesións da mañá o programa dedicarase ás intervencións centradas no epígrafe Pensar a saúde; A Saúde en Galicia será o tema sobre o que xiren as charlas das tardes mentres que as noites estarán dedicadas ás Controversias arredor da saúde. Capitalismo e saúde, dereitos, neoliberalismo, ecoloxía e bioética, antropoloxía e mediciña popular serán entre outros moitos os temas que se tratarán nesta edición das veteranas xornadas .O evento que ten a inscrición aberta ata o 16 de abril celebrarase no Teatro Principal da cidade de Pontevedra (rúa de Paio Gómez Chariño nº 6).

Que che parece esta nova?
67 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Filosofía, Pontevedra, Castelao, Antropoloxía...

Claves

Protagonistas
Lugares