A XXXVII Semana da Filosofía mantén o seu programa para o 13 de abril

'Filosofía e civilización dixital' será o tema vertebrador desta edición

16/3/2020 | Santiago. Redacción | Seccións: SociedadeCienciaTecnoloxíaUniversidade
Compartir:

A Aula Castelao de Filosofía decidiu manter en pé, en principio, a trixésima sétima edición da Semana Galega de Filosofía. De cumprirse a súa previsión do 13 ao 17 de abril a cidade de Pontevedra acollerá a Semana XXXVII, que levará como tema Filosofía e Civilización dixital, A organización estimou que xa que as datas da celebración transcenden o período que ata este momento abranguen as medidas preventivas podían seguir mantendo a súa programación. O encontro divídese en tres franxas horarias de mañá, tarde e noite nas que cada unha delas as intervencións versarán respectivamente sobre Pensar a civilización dixital; A civilización dixital en Galicia; Os claroscuros da civilización dixital. A conferencia Decadencia do progreso do profesor da Universidade Complutense, Andoni Alonso, abrirá a Semana, mentres que a Lección de Clausura O Ciberespazo como alucinación colectiva correrá a cargo da filósofa Victoria Sendón de León. Entre medias haberá intervencións como as de Albino Prada sobre "hipercapitalismo dixital", Antonio Rial Boubeta con Do imperio do selfie á tiranía de Instagram, Iolanda Gomis que falará de Tecnoloxía e sociedade en Galiza: do colonialismo ideolóxico á fenda dixital, e outros moitos ata as quince intervencións que conforman a Semana.

Que che parece esta nova?
69 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Filosofía, Castelao, Tecnoloxía, Instagram...

Claves

Protagonistas
Lugares