Os comúns centrarán a XXXV Semana Galega de Filosofía

César Rendueles ou Pablo Carpintero son algúns dos participantes na nova xeira

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Os comúns centrarán a XXXV Semana Galega de Filosofía

Entre os vindeiros 2 e 6 de abril, Pontevedra acollerá a XXXV edición da Semana Galega de Filosofía. O encontro que organiza a Aula Castelao de Filosofía celebrarase nesta xeira baixo o lema Filosofía e o Común co filósofo e sociólogo César Rendueles como principal nome. Canda a el, o programa, feito público hoxe, inclúe conferencias como a da teórica feminista Silvia Federici, a do investigador e musicólogo Pablo Carpintero, a de Xosé Lois Vilar ou a de María Eugenia Rodríguez Palop. Segundo adiantou Ana Regueira da Aula Castelao, a elección do "común, a comunidade, o público, o colectivo" como tema quere servir tamén para "facer unha reivindicación da historia da aula".

Que che parece esta nova?
78 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Filosofía, Pablo Carpintero, Castelao, Xosé Lois Vilar...

Claves

Conceptos
Lugares