A XXXIII Semana Galega de Filosofía centrarase na política

O Teatro Principal de Pontevedra acolle o encontro entre o 28 de marzo e o 1 de abril

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Ana Regueira, presidenta da Aula Castelao de Filosofía, presentaba onte en Pontevedra a trixésimo terceira edición deste encontro, que se desenvolverá co lema Filosofía e política. O Teatro Principal da Cidade do Lérez acollerá entre o 28 de marzo e o 1 de abril vindeiros os relatorios arredor destas cuestións. Segundo adiantaba Regueira, con esta edición preténdese "analizar cales son os grandes problemas políticos, como discutilos e como empezar a articular formas novas de discurso que non caian na vacuidad" nun momento no que o "accidental marca os discursos políticos e o que é fundamental non os marca".

Como adianto do programa, na presentación avanzouse que María Xosé Agra, catedrática de Filosofía Política da Universidade de Santiago, dará conferencia inaugural sobre política e vulnerabilidade. Tamén se confirmou a presenza Ricardo García Zaldívar, presidente de ATTAC España, que falará sobre o tratado transatlántico de libre comercio e investimento entre a Unión Europea e Estados Unidos(TTIP).

Que che parece esta nova?
63 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Filosofía, Teatro, Teatro Principal de Pontevedra, Castelao...