A Revolución protagoniza a XXXI Semana de Filosofía

Terry Eagleton ou Santiago Alba Rico serán algúns dos relatores

13/3/2014 | Redacción: Santiago. Redacción | Seccións: sociedade
5 lecturas | Compartido 0 veces

Pontevedra acollerá entre os vindeiros 21 e 25 de abril a XXXI Edición da Semana Galega de Filosofía. O Teatro Principal acollerá as sesións do encontro que organiza anualmente a Aula Castelao e que se presentaba publicamente esta mañá. Ana Regueira, coordinadora da Aula, sinalou o proceso de destrución social que se está a desenvolver e lembreou que o mesmo leva á desarticulación do propio individuo, que interioriza a violencia política e económica á que se ve sometido.
Arredor deste proceso e das súas alternativas falarán neste encontro destacados pensadores como Terry Eagleton, Gerard Mauger, Domenico Losurdo, Frank Mintz ou Santiago Alba Rico, entre outros.

Desde a perspectiva galega abordaranse cuestións como os recortes en dereitos e liberdades, as posibilidades da acción colectiva desde os montes comunais, a problemática da lingua e a ideoloxía ou as poéticas da resistencia.

Universo culturagalega.gal

Contextos

Claves

Protagonistas
Entidades
Lugares