A memoria protagoniza a XXX Semana Galega de Filosofía

Desenvólvese en Pontevedra entre o 1 e o 5 de abril de 2013

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
A memoria protagoniza a XXX Semana Galega de Filosofía

Carlos Calviño, director da Aula Castelao de Filosofía presentaba esta mañá en Pontevedra a XXX Semana Galega de Filosofía, que se desenvolverá entre o 1 e o 5 de abril. O Teatro Principal acollerá as sesións do ciclo, que pretende reflexionar sobre a importancia da memoria como elemento emancipador. Manolo Rivas, Camilo Nogueira, Bruno Groppo, José Barata-Moura, Aurora Marco, Miren Etxezarreta, Manuel Fernández Blanco ou Manuel Cruz serán algúns dos relatores no encontro. Ao igual que na última edición, o evento colaborará coa Fundación Paideia, da Coruña, e desenvolverá varias conferencias na Cidade Herculina.

A coincidir co trinta aniversario da cita, unha exposición recollerá os carteis e trípticos do evento. O prazo para se inscribir no evento está xa aberto.

Que che parece esta nova?
64 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Filosofía, Pontevedra, Castelao, Manuel Fernández Blanco...