Mercedes Peón estrea en Madrid Osmose, o seu último espectáculo

A música dialoga co filme Nación de Margarita Ledo nesta proposta escénica

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:
Mercedes Peón estrea en Madrid Osmose, o seu último espectáculo

Unha "peza escénica atravesada pola obra Nación, de Margarita Ledo", que se desenvolve "en diálogo coa intervención audiovisual de Peque Varela e Laura Iturralde". Así define Mercedes Peón Osmose o novo proxecto que estrea este 26 de febreiro. O Centro de Cultura Contemporánea Conde Duque de Madrid acolle a montaxe, na que propón "un espazo de relación entre o imaxinario de creación colectiva e os imaxinarios atravesados polo capital. Relación entre elementos, sistema que filtra corpos incorporados á produción. Corpos sen xénero distribuídos no binarismo de poder e subalternidade. Osmose é unha pregunta escénica canalizada a través da música e das súas corporalidades".

Que che parece esta nova?
70 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Mercedes Peón, Madrid, Espectáculo, Laura Iturralde...