Margarita Ledo estrea Nación no Festival de Cine de Sevilla

A produtora lanzou o pasado 10 de outubro o trailer da nova longametraxe

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
Margarita Ledo estrea Nación no Festival de Cine de Sevilla

O Festival de Cine Europeo de Sevilla acollerá o vindeiro 10 de novembro a estrea de Nación a nova longametraxe de Margarita Ledo. O filme preséntase como unha obra de non ficción que segue a experiencia das traballadoras da fábrica de cerámicas A Pontesa e o xeito no que o acceso ao traballo industrial mudou a súa vida e lles achegou unhas posibilidades inéditas de autonomía. O feche da factoría e o impacto que o mesmo tivo sobre este colectivo convida a reflexión sobre a fraxilidade das mulleres como operarias nun retrato poético que conta con Nieves Lusquiños e Mónica Camaño como protagonistas e con Mercedes Peón como encargada da música. A obra poderá verse na seccion Las nuevas olas. No ficción

A produtora Nós presentaba este pasado 10 de outubro o trailer do filme, que está dispoñible na rede.

Que che parece esta nova?
64 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Sevilla, Mercedes Peón, Mulleres...

Claves

Conceptos
Lugares