Uxía Casal será a Señora das Letras de 2021

O colectivo A Sega homenaxeará a autora no Día das Galegas nas Letras deste ano

25/2/2021 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

"Raíña do misterio, da retranca e da palabra exacta". Deste xeito cualifica o colectivo de crítica feminista A Sega a Uxía Casal, autora á que homenaxeará no vindeiro Día das Galegas nas Letras. A elección da Señora das Letras 2021 recaeu nesta creadora, que centra a súa carreira na literatura infantil e xuvenil e mais na ciencia ficción, con seis títulos publicados. Un ano de fábula en catro estacións (1994), As ás de Xenoveva (1996), Saturno tamén é deus (1997), O faro de Arealonga (2001), Sede en Ourense (2005) e Vidas exemplares (2006), así como participacións en varios volumes colectivos compoñen a súa creación. Como é habitual, a xornada de homenaxe ten previsto no 15 de agosto vindeiro.

Que che parece esta nova?
56 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Uxía Casal, Uxía Casal, SEGA, Retranca...

Claves

Entidades
Lugares