A undécima xeira do DÃa das Galegas na Letras, que a plataforma de crÃtica feminista A Sega celebra cada 15 de agosto, xa ten protagonista. A entidade anunciaba este 3 de abril que a poeta MarÃa Mariño protagonizará esta homenaxe e recibirá o tÃtulo de Nosa Señora das Letras. A conmemoración "busca celebrar a figura dunha muller que contribuÃse de forma sobranceira á cultura en xeral e á literatura en particular".
No comunicado que daba a coñecer a decisión, o equipo da Sega xustifica a escolla "porque navegamos contigo as marxes. Cruzamos uces e toxos, cruzamos o mar desde o fondo, pincheiras e cumes cruzamos. Porque nos lemos por dentro, porque por dentro te lemos, porque contigo queremos estar no torreiro da festa, bailarmos coas palabras quebradas sempre novas para un tempo que vén de lonxe e mocea cada dÃa".
Ademais, a lembrar que Mariño foi homenaxeada no DÃa das Letras Galegas de 2007, o comunicado continúa "porque non queremos a túa imaxe calada no altar de quen xa foi, e só flor dun dÃa, esquecida nun andel, nun libro grande fechada. Porque non queremos o teu nome a pé de páxina, mellor as súas letras ciscadas polo chan a caer no fundo máis fundo do mundo dos buracos para de alà retornar co seu cantar e darlle luz a tea do teu tear".
Deste xeito reivindica a autora a sinalar "querémoste viva, para dinamitarmos contigo a historia que a ti te olvida". Mariño, nada en Noia en 1907, foi autora dos poemarios Palabra no tempo, publicado en 1963, e o póstumo Verba que comenza, ademais de dúas obras de narrativa en castelán. Ao longo da súa vida a súa figura foi pouco coñecida e mantÃvose afastada dos cÃrculos literarios do paÃs, ata o punto de que se puxo en cuestión a autorÃa das súas obras.