Patricia Janeiro protagonizará o IV Día das Galegas nas Letras

A plataforma A Sega homenaxeará a escritora o vindeiro 15 de agosto

12/5/2017 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

O IV Día das Galegas nas Letras, no que a plataforma de crítica feminista A Sega homenaxea autoras galegas terá como protagonista a escritora compostelá Patricia Janeiro. A xornada de homenaxe celebrarase, como é habitual, o vindeiro 15 de agosto coa presenza da homenaxeada. Janeiro ten publicadas as novelas Caixa de mistos e A perspectiva desde a porta, coa que foi finalista ao Premio Xerais.Segundo explican desde A Sega, a conmemoración pretende "celebrar a figura dunha muller que contribuíse de forma sobranceira á cultura en xeral e á literatura en particular".

A coincidir co anuncio, A Sega publicou o manifesto deste ano, titulado Unha carta de amor aos puntos suspensivos no que reivindica "a todas aquelas cuxos textos foron omitidos, cuxas transcricións literais non chegaron ao final da cita. A todas aquelas que tiveron que padecer que mentres uns atopan os recoñecementos, o lugar nos libros de texto ou os máis altos honores cunha ou dúas obras publicadas, outras escapen polos mesmos motivos ata dos andeis das librarías, xa non digamos a atención da crítica, o canon e a fama literaria".

Que che parece esta nova?
56 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

02/03/2016

A Sega: Letras de muller

A plataforma de crítica traballa por visibilizar o labor das mulleres na literatura

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con SEGA, Literatura, Manifesto

Claves

Entidades