Este 28 de febreiro cumpriu tres anos de existencia A Sega. Esta plataforma de crítica naceu coa intención de facer visible o traballo das mulleres no campo das letras e de achegar unha perspectiva feminista sobre a nosa literatura. Desde entón, o seu traballo avanzou cara a outros ámbitos como a celebración do Día das Galegas nas Letras. Continuamos a nosa serie sobre a presenza da muller na nosa cultura.
"A iniciativa foi fundamentalmente de María Reimóndez, que nos escribíu un correo a xente da creación e da crítica literaria con certa sensibilidade feminista", explica Lara Rozados, unha das compoñentes do grupo. "A intención era facer unha plataforma de crítica literaria a través de Internet". Ao grupo inicial fóronse incorporando novos nomes ata, na actualidade, concentrar colaboracións de Ánxela Lema París, Verónica Martínez, Ana I. Morales, Andrea Nunes Brións, Andrea Ruthven, Eli Ríos, Susana Sánchez Arins, Beatriz Suárez Briones e Lau Ríos, ademais da propia Lara Rozados e de María Reimóndez. No grupo atópanse perfís de filólogas, tradutoras, profesoras universitarias, poetas, xornalistas, e mesmo unha lectora adolescente. O equipo complétase con Lucía López, responsable da programación web.
Necesidade
Segundo explica o propio texto de presentación do colectivo, "A sega nace do exercicio de observar un panorama da crítica caracterizado polos silencios das voces das expertas, por lecturas sen explicitación da posición, pola falla de análise crítica dos textos das autoras. O tempo é chegado de okupar con enerxía o espazo público para que as lecturas críticas adopten voces ás que non se lles deu ata o momento nin visibilidade nin autoridade". Segundo explica Lara Rozados, esta problemática non é específica deste ámbito nin da nosa cultura. "No campo literario, ao igual que en moitos outros, a obra das mulleres está infrarrepresentada. É unha parte moi pequena do que se estuda e sobre o que se fai crítica", explica. "Ademais, as visións sobre as obras escritas por mulleres non teñen unha óptica feminista, senón que parten de visións paternalistas que as ollan como un subxénero ou se campo. Deste xeito, incardínase como literatura de muller unha serie de campos e de tópicos". Ante esta situación, a necesidade dunha plataforma para potenciar a crítica feminista nas nosas letras "era unha perspectiva totalmente necesaria, non só na literatura, senón tamén na crítica cinematográfica, teatral e cultural en xeral. Do que se trata é de rachar a autoridade patriarcal neste campo, o feito de que en xeral os que opinan e teñen autoridade para o facer son homes. Na academia, entendida no sentido máis amplo, os opinadores seguen a ser homes. Reclamamos o dereito a falar desde nós mesmas e sobre nós mesmas, cunha perspectiva claramente feminista".
Crítica
A aparición da Sega dáse nun momento no que crítica literaria está a conquistar novos espazos en Galicia. A creación da Asociación Galega da Crítica o pasado mes de febreiro ou o desenvolvemento de publicacións como Criaturas centrada na Literatura Infantil e Xuvenil están a dar pulo a esta actividade. "En xeral a crítica está a proliferar, cada vez hai máis voces e máis diversas, e isto é moi interesante", apunta Rozados. "No entanto, a multiplicidade e a diversidade non implica necesariamente equidade, e continúa a haber voces máis autorizadas e espazos de poder desde os que se determinan estratexias editoriais e comerciais. Nese sentido tamén resulta moi interesante que apareza o suxeito colectivo e que se vaian tecendo redes".
Importancia
Malia aos nesgos patriarcais que poden ter as nosas letras, desde A Sega recoñecen o importante papel que certas figuras teñen na nosa literatura. "Resulta moi peculiar que unha literatura nacional teña unha muller como é Rosalía de figura primordial e orixinaria. Aínda que foi tamén moi deturpada", explica. En xeral "a importancia das mulleres nas nosas letras é importantísimo en todos os xéneros e épocas. A día de hoxe obsérvase especialmente o seu papel na innovación poética e na fusión da poesía con outras artes, no campo da dramaturxia, no ensaio ou na narrativa. Tamén hai campos que polo xeral non se consideran literatura, como é a oralidade. Nese ámbito que ten unha compoñente máis escénica hai un papel importantísimo das mulleres que leva séculos pero que é agora cando se ve con especial forza".
Galegas nas letras
Precisamente a recoñecer a importancia da oralidade foi que se o primeiro Día das Galegas nas Letras se lle decicou a Dorothe Schubarth. Esta celebración, que verá neste 2016 a súa terceira xeira, supuxo un paso adiante nas actividades da Sega e naceu "como unha necesidade máis do colectivo. Ao se desenvolver o noso traballo habitual na rede chegou un momento no que queriamos vernos as caras. Tamén viamos a necesidade de reivindicar o territorio das mulleres de xeito festivo, non celebrar no xeito cerimonial e ritual da Academia". Deste xeito, a celebración presenta riscos diferentes daquelas homenaxes máis institucionais. "A idea é xuntarnos un día, facer unha romaría e homenaxear a alguén aínda vivo. Son festas preciosas, nas que tentamos que a palabra tome corpo e se poña en escena on música ou contos. Vaise de romaría, compártese e organízase algo comunitario e colectivo. Tamén desacralizamos a literatura como cousa de señores con gravata". Aínda que a norma é homenaxear a creadores vivas, houbo unha excepción na segunda celebración, dedicada a María Victoria Moreno. "Nese caso vimos a necesidade de saldar unha débeda, e comprobamos que segue moi viva". O proxecto colaborou tamén na homenaxe que se lle tributou a Begoña Caamaño o pasado outono, un ano despois da súa morte. "Parceunos algo totalmente necesario, foi a figura que foi e teceu unha rede que segue aí.
Mudanzas ou avances
A recepción dos traballos escritos por mulleres foi mudando co tempo, a reflectir tamén unha suposta incorporación das ideas sobre igualdade ao campo da crítica literaria. Esta situación, no entanto, non acabou coa discriminación que sofren as autoras e as súas obras, segundo apuntan desde A Sega. Deste xeito, "algo que estamos a ver agora é o fenómeno de louvar determinadas mulleres porque o que o que escriben non se considera literatura feminina. Hai unha serie de temas tópicos, estilos ou iconas que se nos apoñen ás mulleres, e semella que cando saes diso e fas unha novela de tema político ou deixas fóra ese temas secundarios pasa a se considerar literatura con maiúsculas". Unha destas visións recorrentes vencella as mulleres coa literatura infantil e xuvenil. "Isto é un duplo problema. Por unha banda perpetúa o tópico de ligar as mulleres ao ámbito privado e doméstico, da crianza. Pola outra, segue a considerar a literatura infantil e xuvenil como un xénero menor, cando son obras que se teñen q enfrontar ao lectorado máis crítico que existe".
Visibilidades
Deste xeito, "ás veces pode semellar que se dá un aparente exceso de visibilización. Algún crítico home pode sinalar que hai moitas rapazas a gañar premios e a publicar. Pero se estamos a gañar premios é porque a calidade está aí, iso non significa que ese traballo estea visibilizado como debera. Semella que damos un pasiño e que xa chegamos á igualdade total. Estamos nun bo momento pero aínda queda moito", apunta. Nese sentido apunta un exemplo. "Hai uns anos unha empresa galega que fixo unha axenda dedicada ás escritoras. Ilustraba as súas páxinas con retratos estilos pop-art das autoras, pero non reproducía un só poema delas. Isto é sintomático de cómo se enfoca o tema, como se crean iconas a pasar por todos os tópicos patriarcais posibles. Ás veces dáse unha visibilización errada".
O labor da Sega non está exento de polémicas. "Houbo resistencias, é un traballo que desafía moitas cousas que semella que están superadas pero non é tal. Existen figuras que non levan nada ben que lles toques o seu espazo de seguridade. Isto entraña desafíos e resistencias, e é necesario que se creen estes espazos de fricción, que se poñan en evidencia eses mecanismos". No entanto, "está a se abrir a posibilidade de explorar novos territorios por nós mesmas. Cómpre seguir reivindicando o recoñecemento, pero non imos agardar a que se lle dedique o Día das Letras a unha autora como Xela Arias. Imos seguir a facer as nosas festas", aseguran.