En decembro de 2005 comezaba a súa andaina, no seo de Culturagalega.org, o Álbum de Mulleres. Esta iniciativa pioneira da Comisión de Igualdade do Consello da Cultura Galega pretendía visibilizar o traballo das mulleres no campo da cultura a aproveitar as posibilidades da rede. Dez anos despois do seu nacemento, este espazo constituíuse un medio de referencia que serviu de inspiración para outras iniciativas. Comezamos con esta reportaxe unha serie sobre a visibilidade das mulleres na nosa cultura.
Segundo explica María Xosé Agra, coordinadora da Comisión de Igualdade, na orixe do Álbum estaba "a necesidade de visibilizar as mulleres no campo da cultura galega en todos os espazos posibles". Esta intención estivo desde un primeiro comezo orientada a facilitar o emprego pola cidadanía de todo o material publicado. "O obxectivo claro era facilitar a investigación e ser tamén un punto de acceso para quen quixese saber algo sobre determinadas mulleres. Concentrar nun sitio unha información básica e fundamental que permitise continuar a investigación ou que achegase unha primeira orientación para traballar". A iniciativa, en fin, pretende "abrir camiños que o resto da cidadanía e as institucións e organizacións galegas poidan seguir".
Os contidos
O Álbum recolle na actualidade 125 biobibliografías de mulleres destacadas en diferentes ámbitos, cada unha delas redactada por especialistas en cada temática. Nas mesmas, os apuntes biográficos complétanse con artigos, fotografías e documentos e referencias bibliográficas que permiten afondar máis nas diferentes figuras, que percorren desde personaxes históricos como as abadesas de Sobrado de Trives, as meigas, María Balteira ou María Castaña ata persoeiros recentes como Ana Kiro, María Victoria Moreno, Anisia Miranda ou Xela Arias. Nesta sección o proxecto tirou á luz toda unha serie de mulleres que destacaron en ámbitos historicamente reservados aos homes e cuxa importancia estaba aínda por recoñecer. Así, atopamos pioneiras do fútbol como Irene González ou do hockey herba como foi María Antonia Sanjurjo Aranaz, coñecemos a empresaria Francisca Álvarez, e descubrimos, canda a moitas outras, a guerrilleira Enriqueta Otero ou a dramaturga e tradutora Amparo Alvajar. Ao carón delas, o proxecto recolle figuras xa recoñecidas como Rosalía de Castro, Maruja Mallo ou Emilia Pardo Bazán. Para alén de incorporar novas biografías, este apartado comezará en breve a incluír biobliografías de organizacións feministas que tiveron actividade no país.
Especiais
Como fitos destacados dentro do proxecto, Agra destaca especiais como o dedicado á literatura infantil, "que foi moi valorado", ou o dedicado a mulleres e memoria histórica. "Estes eran un espazos que requirían unha especial visibilidade", asegura. Do mesmo xeito, monográficos como o dedicado ao aborto permite percorrer as diferentes reivindicacións que se deron sobre esta cuestión no país ao longo do tempo no noso país. Estes contidos temáticos teñen abordado outras cuestións como a ciencia, o mar ou as artes visuais. Cada ano publícase tamén un especial polo 8 de marzo no que se aborda a evolución desta efeméride. No marco deste apartado téñense publicado imaxes da colección única de faixas orixinais que se empregaron historicamente en diferentes mobilizacións feministas e que se custodian no Consello da Cultura.
Cartografías
Tamén apunta María Xosé Agra a importancia da sección Cartografías, que "son un referente importantísimo e recollen toda a documentación de figuras como Xohana Torres, María Josefa Wonenburger ou Olga Gallego". Esta sección recolle contidos en profundidade sobre mulleres concretas, a coincidir coas xornadas anuais que organiza a Comisión de Igualdade. Cada unha das Cartografías, que implica un ano de investigación, achega diferentes textos sobre as figuras protagonistas e permiten recuperar artigos e documentos inaccesibles previamente. Por exemplo, o texto que Xohana Torres elaborara sobre Santo André de Teixido, que se coñecía pero nunca se chegara a editar, e do que unha copia no Arquivo Municipal da Deputación da Coruña. Do mesmo xeito, textos inéditos de Xela Arias ou de Belén Feliú se incorporaron ás cartografías de cada unha destas autoras.
Documentación
"Logo tamén destaca toda a documentación que se amosa sobre o movemento feminista", que se complementa coa hemeroteca feminista A Saia que se compila desde a Comisión, explica a coordinadora. Revistas, panfletos e outros materiais fanse públicos nun traballo único no país. "A recuperación da historia do movemento feminista en Galicia está aínda por facer". Canda a isto, completas liñas do tempo amosan os principais fitos na historia das mulleres tanto a nivel galego como internacional e sitúanos no contexto xeral e unha ampla bibliografía que permite afondar en todos os temas tratados.
Referencia
Logo de dez anos, Agra recoñece que "o Álbum de Mulleres, con todas estas seccións, constitúe unha base de información importantísima, que ata onde eu sei ten pouco parangón fóra do noso país. Visto o nivel de consultas que recibimos e a difusión acadada, si considero que fomos conseguindo os obxectivos". O proxecto ten chegado a diferentes foros do noso país e do exterior, presentouse en institutos e concellos e, desde o seu comezo, recibiu máis dun cento de consultas de persoas e entidades interesadas en desenvolver investigacións, publicacións ou xornadas a partir de contidos publicados no web. Entre estas consultas, abondan a de xente que procura acceso a documentos ou fotografías orixinais ou que queren afondar nas fontes que se empregaron para elaborar os contidos do Álbum. "Serviu como unha especie de indicador do que se pode facer e recuperar, e tivemos bastantes felicitacións do resto do Estado, como un proxecto que se podería desenvolver noutros ámbitos". De feito, desde o propio Consello da Cultura recuperouse o formato para outros álbums, centrados na ciencia, na emigración, ou nas persoas que foron bolseiros da Junta de Ampliación de Estudos.
Pegadas
A difusión que o álbum lle outorgou a determinadas deixou a súa pegada a nivel mediático. Deste xeito, a historia da parella de Marcela e Elisa, consideradas o primeiro matrimonio homosexual do Estado, chegou aos medios estatais logo de aparecer publicada nesta web. E isto malia a que o mesmo autor da súa entrada, Narciso de Gabriel, publicara previamente un libro sobre a cuestión e que a parella xa fora reivindicada a nivel local por colectivos gais da Coruña. O mesmo aconteceu coa atención que acadou a figura Ángela Ruíz Robles, profesora e inventora dun avanzado "libro electrónico".
Avances relativos
A analizar a situación da muller na nosa cultura desde o nacemento do Álbum, Agra "quixera dicir que avanza, pero vai moi lento, e nalgúns campos resulta aínda moi difícil". Así, dentro destes avances desiguais sinala a situación no campo das artes visuais, que foron analizadas en 2014 nunhas xornadas e nun informe no propio Consello da Cultura. "A adquisición de obras a creadoras e a súa presenza en exposicións continúan a dar uns datos bastante baixos". Canda a este, "outro ámbito importantísimo que abordamos na xornada que dedicamos desde a Comisión a Tareixa Navaza o dos Medios de Comunicación. Este é un espazo importante para facer visibles as mulleres e tamén para mudar o tratamento das novas e de cuestións que teñen que ver coa visibilidade. Normalmente só aparecen novas negativas vencelladas á violencia, continúa a haber moi poucas mulleres neste ámbito".
Espazos visibles
Como campos nos que o papel das mulleres é relativamente máis visible nos últimos tempos apunta, por exemplo, a literatura. "É un campo especialmente importante para as mulleres no noso país. Existen moitas autoras e iso é parte da nosa especificidade, noutros países esas creadoras ao mellor van a outros ámbitos, pero aquí vese esa presenza de xeito especial na literatura". Recoñece tamén os avances que na relevancia das mulleres científicas se obtiveron nos últimos anos. "Vai un pouco ao fío da presenza das mulleres nas universidades e mais da loitas internas que se dan nestas institucións. Conséguense melloras pero os datos amosan que isto vai moi lento". Nese sentido, "se a día de hoxe non conseguimos resolver a cuestión de que a igual traballo corresponde igual salario, que é algo cuantificable, cando interveñen cuestións de poder ou máis simbólicas as cuestións son máis complicadas", conclúe.