Os Náufragos Teatro estrea na Coruña a historia biográfica 'Pura'

A obra de Gustavo del Río sobre a vida da súa avoa reabre o Teatro Rosalía este sábado

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:
Gustavo del Río  Foto: Os Náufragos Teatro

Gustavo del Río Foto: Os Náufragos Teatro

O Teatro Rosalía de Castro da Coruña acollerá na súa reapertura, este sábado 20 de febreiro, a estrea de Pura, a nova produción da compañía local Os Náufragos Teatro. Pura é unha obra atípica ao tratarse da escenificación dun relato biográfico baseado nas vivencias dunha persoa actualmente presente e veciña da cidade herculina. O director e autor Gustavo del Río trasladou á dramaturxia as memorias transmitidas oralmente pola súa avoa, Pura, de 94 anos, para elaborar esta montaxe que conta sobre as táboas con Denis Gómez, Rebeca Vecino, Nicolás Gaude e Santi Cuquejo. Con Pura a compañía fai unha homenaxe ás persoas maiores e tamén unha reflexión sobre os cambios radicais na cidade neste percorrido vital dunha persoa de case 100 anos e nas vidas cotiáns do seu entorno, buscando a maxia da viaxe a un pasado do que Pura é memoria viva e pode asistir para velo representado. A compañía coruñesa cumpre agora 20 anos de andadura.

Que che parece esta nova?
59 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Os Náufragos Teatro, Rosalía de Castro, Teatro Rosalía de Castro da Coruña...