O Teatro Rosalía de Castro, na Coruña, acollerá o vindeiro venres 13 de xaneiro ás 20:30, a estrea da montaxe teatral 'Mosca' da compañía Ártika CIA. Con autoría e dirección de Gustavo del Río, a obra narra a historia de Pedro, un neno de dez anos que sofre acoso escolar. A través das personaxes interpretadas por Fernanda Barrio, Martín Maez e Rocío Salgado, Pedro vese reflectido nos ollos da súa nai, o seu pai e a súa profesora en calquera instante da peza. Mosca é un proxecto que fala sobre o entorno do menor a través da súa familia e da escola. A impotencia de non saber que facer, a falta de información, o non detectar o problema a tempo, a ausencia, o amor, a compaixón, o acoso. Anguriosa e intensa, Mosca somérxese na vida do neno e que é o que este sinte sufrindo bullying, pero tamén no temor, nos prexuízos e o non saber que facer e como pode solucionalo o entorno no que se desenvolve Pedro.