Malia que aÃnda non hai unha data prevista para a reapertura dos espazos escénicos o departamento de Cultura do concello de Santiago ven de abrir un espazo en liña para afondar no achegamento aos espectáculos que ten previsto programar, a través de conversas coas persoas que os fan posÃbeis. A xornalista e escritora Lara Dopazo conduce as sesións de Prefunción na canle de YouTube de Compostela Cultura, onde xa están dispoñibles os encontros coas compañÃas Sarabela Teatro (A lingua das Bolboretas), Elefante Elegante (Dreaming Juliet), Monicreques de Kukas (Don Gaiferos), tamén dispoñibles estas conversas con integrantes das compañÃas Funboa Escénica e Proxecto Pank sobre a obra Technocracia que pensan estrear no escenario do Auditorio de Galicia en canto sexa posible facelo. Na web de Compostela Cultura poden atoparse tamén materiais audiovisuais que percorren a exposición do Auditorio de Galicia Carvalho Calero. A voz presente a través da voz do autor e que afondan na importancia desta figura das nosas letras da man de Carlos Quiroga, comisario da exposición, e Eduardo Maragoto, presidente de AGAL.