Santiago de Compostela abrirá unha Casa dos Monicreques

O centro acollerá o material da veterana compañía Monicreques de Kukas

| Santiago. Redacción | Seccións: Escpectáculos
Compartir:
Santiago de Compostela abrirá unha Casa dos Monicreques

Unha das vellas arelas da compañía Monicreques de Kukas, contar un espazo no que amosar o material de case corenta anos de traballo no mundo dos títeres, vaise facer realidade. O Pleno do Concello de Santiago do pasado 19 de xaneiro aprobou por unanimidade unha proposición do grupo municipal do BNG para crear a Casa dos Monicreques. A iniciativa empraza ao goberno local a asinar "un convenio de colaboración con Monicreques de Kukas para a cesión, musealización, exposición e difusión do legado desta compañía histórica de teatro co fin de enriquecer a oferta cultural de Santiago de Compostela". Segundo anunciou a propia compañía a través do seu Facebook, o novo espazo "nace con vocación de servizo aos nosos veciños, pero tamén con visión de proxección universal da arte dos monicreques e da cultura e lingua galegas".

Que che parece esta nova?
60 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Kukas, Santiago de Compostela, Facebook, Teatro...

Claves

Protagonistas
Conceptos