A área de Cultura da Deputación da Coruña ven de abrir a convocatoria para unha nova edición da Rede Cultural, o circuÃto de espectáculos que apoia nos concellos, con novidades que adaptan as bases á situación de crise provocada pola pandemia. Entre outras, contempla un incremento de arredor de 300.000 € para o sector profesional nun orzamento que pasa a 1.900.000 €. O BoletÃn Oficial da Provincia publica hoxe as bases modificadas para axustarse á situación sanitaria provocada pola covid-19 e á necesidade de contribuÃr á recuperación do sector que atravesa unha importante crise debido ao confinamento e á cancelación de espectáculos ao vivo. Neste sentido, a nova edición do circuÃto cultural prolonga o perÃodo de actuacións que pasa a rematar o 31 de marzo do 2022, para posibilitar a execución das programacións ao completo.
A Rede Cultural inclúe este ano as categorÃas profesionais de "Escena ao Vivo!" de espectáculos de teatro, monicreques, maxia, danza e música; "Visións" de cinema e contidos audiovisuais e "Lingua a escena!" destinada á promoción do galego a través da cultura ademais de "Alicerces" de agrupacións non profesionais pero só para a contratación por parte dos concellos, nesta nova edición non convoca o programa Alicerces para a contratación por parte de entidades que, se a situación se normaliza, volverá á Rede Cultural en próximas edicións. CompañÃas, artistas, empresas de distribución audiovisual ou agrupacións terán até o dÃa 26 de febreiro para inscribirse no catálogo da nova edición da Rede Cultural da Deputación da Coruña e os concellos terán desde o 5 ao 20 de abril para solicitar participar no programa coa escolla das distintas propostas.