Quiosco: Muralla Aberta número 3

A revista achega olladas sobre o patrimonio, a historia e a cultura luguesas

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
Portada do número 3 de LCD.

Portada do número 3 de LCD.

O Centro Asociado da UNED en Lugo acaba de presentar o número 3 da súa revista Muralla aberta, unha publicación de arte, cultura, patrimonio, sociedade e turismo ao redor da provincia. No novo número, a directora do Museo Provincial, Aurelia Balseiro, detense na arte urbana da cidade e o historiador Juan Ramón Fernández Pacios achégase ás peregrinacións marítimas. A profesora Adela Figueroa rememora a presenza de Ricardo Carballo Calero en Lugo. Tamén no apartado de asociacións, a publicación percorre os 31 anos da asociación focense A Pomba do Arco.

Que che parece esta nova?
73 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lugo, Ricardo Carballo Calero, Carballo Calero, Asociacións...